Eclipse Lalin 12 de agosto

Eclipse Lalin 12 de agosto

Programación

17:30 h.: Saída dos autobuses dende a Praza de Galicia.

17:50 h.: Apertura do punto de información e recollida das gafas.

18:00 h.: Explicación arqueolóxica do conxunto megalítico de Alperiz Altar do Sol a cargo do arqueólogo Víctor García.

19:15 h.: Explicación da eclipse da man do profesor José Ángel Docobo e a científica Paula Cambeses. Conexión co Concello de Ribadeo.

20:25 h.: Visualización da eclipse.

21:00 h.: Caamaño & Ameixeiras

22:00 h.: Fillas de Cassandra

23:00 h.: Kike Varela: Electro foliada no Altar do Sol.

00:00 h.: Explicación e visualización das Perseidas da man do profesor José Ángel Docobo.

23:00/01:00 h.: Regreso dos autobuses.

Información de interese

Aconséllase levar protección solar, gafas axeitadas para a eclipse e gorro. Acudir con roupa e calzado cómodos, prendas de abrigo e mantas para observar as perseidas.

Haberá postos de comida e bebida.

A zona estará sinalada e acotada. Deberán seguir as indicacións de Protección Civil e da Policía Local.

Non se permitirá o paso de vehículos por diante da zona de visualización da eclipse dende as 20:00 h. ata as 21:00 h.

Contamos cunha ambulancia dispoñible para calquera emerxencia.

A reserva de prazas para os autobuses a Alperiz deberá facerse no Museo  Ramón María Aller.

Tel.: 986 78 40 04

museo@lalin.gal